Outono Xove 2022

Se che gusta a natureza tes unha actividade para ti

Por segundo ano consecutivo, a Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición de Outono Xove, un programa de educación non formal con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante os meses de novembro e decembro. Terán lugar as fins de semana en distintos albergues xuvenís e outras instalacións do territorio galego.

O prazo de inscrición comezou o día 2 de novembro e realizase mediante formulario en liña.

+ Formulario de inscrición de 14 a 17 anos

+ Formulario de inscrición de 18 a 30 anos

Trátase dunha actuación da Xunta de Galicia co financiamento do Ministerio de Igualdade, en desenvolvemento do Plan Corresponsables.

Categories: Atrévete, Novedades