Un experimento que podes atopar en Ágora Dixital
Nesta experiencia estudaremos unha das propiedades máis características da auga, como é o feito de que aumenta de volume ao conxelar, e aplicarémolo ao entendemento do incremento do nivel do mar a causa do quecemento global.
Se o experimento se realiza correctamente, observarase o seguinte:
a) O frasco cheo de auga e almacenado no conxelador estoupa ou rompe debido ao incremento de tamaño do xeo con respecto á auga. É aconsellable introducir o bote cheo de auga no interior dunha bandexa, a fin de facilitar a limpeza posterior, en caso de rotura.
b) Ao derreterse o xeo incrustado na plastilina, o nivel da auga aumenta. Isto débese a que estamos engadindo máis auga á que inicialmente medimos. É o que ocorre cando se derreten grandes masas de xeo continental, que son as que provocan o incremento do nivel do mar a consecuencia do quecemento global.