Para aprender ciencia facendo ciencia
Tes aquí toda a información: xornadaformacion_xuvenciencia_cafi_aulanova_2021_10.pdf
Destinatarios: Profesorado de ensino secundario e de formación profesional
Especialidades: Todas
Modalidade: curso presencial (7h) e sesión telemática de presentación de resultados (1 h)
Número de horas: 8 h docencia
Prazas: 20
Organización:
Grupo de Innovación Docente XuvenCiencia, Universidade de Santiago de Compostela Facultade de Ciencias, Campus Universitario s/n, 27002 Lugo Correo electrónico: xuvenciencia@usc.es Web: www.usc.es/xuvenciencia
Horario:
• Sesión 1 (presencial, 3,5 h): 22 de outubro de 2021 (venres), 16:30-20 h. Wajih Al-Soufi e Ana Losada.
• Sesión 2 (presencial, 3,5 h): 29 de outubro de 2021 (venres), 16:30-20 h. Marta López e Mercedes Novo.
• Sesión 3 (videoconferencia, 1h): 10 de outubro de 2021 (mércores), 18-19 h. Marta López.
Obxectivos:
Obxectivo xeral: crear vínculos e sinerxías entre os distintos actores da educación preuniversitaria e universitaria implicados na divulgación de coñecementos científico-técnicos e científico-sociais.
Obxectivos específicos: Dar formación ao profesorado de ensino secundario na metodoloxía científica e investigadora.
Programa
Sesión 1:
Introdución
Actividade 1 – Dedesño do experimento. Coñecemento previo, busca bibliográfica. Hipótese previa. Método e experimento proposto, modelo teórico, descrición matemática. Plan de traballo, datos necesarios.
Activiade 2 – Experimentación. Montaxe experimental / equipamento. A libreta de laboratorio. O uso de táboas. A importancia das unidades. OBRADOIRO: determinación dunha curva de calibrado para a determinación fotométrica da concentración.
Actividade 3 – Análise dos datos. (Follas de cálculo) Táboas de datos nunha folla de cálculo – formato, unidades. Representación gráfica dos datos – Regresión lineal – Recta de calibración. A incerteza, precisión, exactitude e a significación das medidas.
Sesión 2:
Obradoiro: Medidas de mostras problema segundo a hipótese proposta.
Actividade 4 – Análise dos datos. (Follas de cálculo). Táboas de resultados – Representación gráfica. Valores medios e erros. Diferencias significativas.
Activiade 5 – Interpretación e discusión de resultados. Comparación e interpretación dos resultados. Confirmación ou rexeitamento da hipótese Discusión, comparación co coñecemento previo, explicación dos resultados. Propostas de mellora do experimento ou de ampliacións.
Actividade 6 – Comunicación de resultados. Comunicación mediante memoria ou artigo científico. Congresos: comunicación oral ou cartel científico. Uso de TICs (blog, redes sociais, etc.)
Sesión 3:
Actividade 7 – Presentación das comunicacións (carteis ou artigos científicos). Cada participante (ou grupo) presentará o traballo realizado mediante cartel ou comunicación oral ao resto do grupo (tempo máximo de 3 min)
Observacións:
A actividade terá lugar no CAFI e cada participante poderá traballar de xeito práctico cun kit individual.
É recomendable ter coñecementos co traballo con follas de cálculo e manexo de datos.