Mestra no CEIP Plurilingüe Curros Enríquez de Celanova
María Ballester é mestra por vocación de educación infantil dende hai 20 anos xa. Ten destino definitivo no CEIP Plurilingüe Curros Enríquez de Celanova, e leva alí xa 7 anos. Foi neste centro onde se iniciou na aventura de Voz Natura, posto que anteriormente nunca había participado neste tipo de proxectos.
Cóntasnos unha experiencia/proxecto/iniciativa que che influíu especialmente para innovar na túa forma de educar?
Hai moitos anos traballei nun cole á beira da praia. Faciamos moitas saídas cos nenos para traballar a fauna e a flora, recoller cunchas, xogar na area,… A partir de entón descubrín o gran potencial que ten o medio natural no noso traballo, debido a que suscita un gran interese no alumnado, potencia a súa forma de aprender, conéctaos co mundo que lles rodea e é unha fonte inesgotable de recursos para traballar todas as áreas e materias de forma lúdica e significativa.
Cóntasnos unha anécdota?
Fai 4 anos aproximadamente, non meu cole apareceu unha serpe bastarda. Fun eu a que a vin campando ás súas anchas por unha dás aulas de infantil. Seguina a ver se saía, pero ou que fixo foi asustarse e agocharse nun radiador.Houbo que chamar a Medio Rural para que viñeran a rescatala e poñela a salvo.
Isto fixo darnos conta dá gran diversidade de especies que temos ó noso redor e da necesidade de coidalas e ensinarlle ós nen@s a respectar e axudar a todos os seres vivos.
Unha reflexión/cita/idea/persoa inspiradora?
Unha suxerencia ás persoas educadoras para innovar en educación?
Aproveitade os recursos que nos ofrece a natureza, conectade cos intereses e motivacións do alumnado, dádelles a oportunidade de saír das catro paredes das aulas e ofrecédelles recursos para explorar o mundo, desde o mundo.