Laboratorio de cubertas

Investiga en liña con esta solución baseada na natureza para contornas urbanas

Explora o Laboratorio de cubertas, que permite experimentar con distintos tipos de cubertas de edificios para comprobar a súa impermeabilidade e sacar conclusións sobre a utilidade de cada unha delas na prevención de desastres naturais como inundacións.

Número de sesións estimadas: 2-3 sesións, dedicando, como mínimo, unha para traballar a parte teórica e outra para experimentar no laboratorio.

Tipo de recursos:

  • Actividades interactivas
  • Laboratorio virtual
  • Animacións

Outras características:

  • Actividades guiadas de aplicación do método científico.
  • Laboratorio manipulativo e interactivo.
  • Vídeos que permiten observar o volume da auga acumulada para cada tipoloxía de cuberta.