Isabel Torres Jack

Estudou Enxeñería Superior Agrónoma en Lugo e traballou dous anos en México nun proxecto educativo na serra de Puebla, onde aprendeu a recoñecer situacións educativas. Despois de varios anos de experiencias educativas no eido da agricultura ecolóxica en Galicia, entrou ao corpo de secundaria pola materia de Tecnoloxía xa fai 22 anos. Actualmente con destino definitivo no IES de Ponte Caldelas, onde é coordinadora do proxecto “O Monte Vivo” dende o 2017. 

¿Unha situación que inspirou a innovación educativa na miña vida?

Na miña estancia en México, nun centro educativo de secundaria, unha granxa-escola na serra de Puebla, descubrín a importancia de aprender facendo cousas. Se tocaba aprender de xeografía deseñabamos un proxecto onde a xeografía estivera implicada, por exemplo, descubrir o itinerario de Hernán Cortés polas montañas da serra de Puebla. A aprendizaxe é significativa se te implicas no proceso, se superas a incomodidad de deseñar o teu propio aprendizaxe.

¿Unha anécdota?

Estando na granxa mexicana, grabaron un vídeo promocional e eu dixen ante a cámara que a miña función era “vixilar e controlar” aos estudantes na granxa. Supúñase que a base teórica do proxecto era máis participativa, implicación do alumnado….ríronse de min a fartar.

¿Unha persoa inspiradora?

Benjamín Berlanga, sociólogo mexicano e amigo. A súa implicación na educación nas montañas de Puebla, o compromiso coa educación alternativa e a paixón que imprime na súa práctica educativa.

¿Unha suxerencias para educadores?

Diríalles que a educación alternativa e innovadora é máis divertida.