Imaxina: a ciencia cidadá é protagonista

O sábado 13 de maio na Domus chega a final do concurso de investigación escolar na Coruña

O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura do Concella da Coruña, organiza a II edición do programa IMAXINA. Este ano o tema é a Ciencia cidadá e o alumnado participante presentará na Domus un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade.

Este é o programa que non podes perder:

O programa Imaxina naceu como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria.