Unha iniciativa da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña
A campaña «Divulgando o noso» selecciona as mellores infografías para difundir a investigación da UDC. Neste caso, amósanos estratexias para conseguir sistemas de intelixencia artificial máis sostibles.
Verónica Bolón Canedo, profesora da Facultade de Informática da UDC, investigadora do CITIC Centro de Investigacion TIC – Universidade da Coruña e directora da Cátedra UDC-Inditex de IA en Algoritmos Verdes, é a autora da infografía «Intelixencia artificial, ameaza climática ou impulso verde?».