Un especial de Proxector, audiovisuais en galego para a docencia
Non perdas esta proposta correspondente ao mes de xaneiro sobre “Dieta e saúde alimentaria”. Especialistas en nutrición, seguridade alimentaria, tecnoloxía dos alimentos ou bioloxía explican como inflúen as decisións alimentarias que tomamos na nosa saúde: hábitos, prevención, transmisión de enfermidades… Unha proposta que apela ao rigor científico fronte aos mitos arredor dun tema básico para o ser humano.
Por unha banda, fálannos da gran diversidade de produtos propios nos que imos atopar beneficios para o noso organismo: o pan, o leite, o peixe… Pola outra, da transmisión de enfermidades alimentarias, das consecuencias dos abusos e tamén de mitos sobre dietas, combinacións de alimentos e outras informacións que carecen de rigor científico inda tendo moita influencia na sociedade. Non hai receitas máxicas pero sabemos que a prevención de enfermidades ou o seu tratamento están moi relacionados cos nosos hábitos alimentarios. Estes doce vídeos afondan en tales aspectos.