Unha proposta de Proxector, audiovisuais galegos para a docencia
Proxector súmase ao 18 de maio como o Día Internacional da Fascinación polas Plantas cun especial de doce recursos que pretende incidir na importancia da investigación en botánica para a sociedade, a economía e o medio; tanto na actualidade coma mirando ao futuro.
A través de audiovisuais diversos en canto aos niveis educativos aos que se dirixen, posibilitan afondar nas características xerais das plantas, así como nalgunhas moi específicas e fascinantes. En certos casos, pódese observar que a particularidade da especie confírelle relevancia, pois convértea en imprescindible, por exemplo, para o mantemento dun hábitat ou o redeseño de producións agrícolas segundo criterios de sostibilidade e calidade.