A Noite das persoas investigadoras chega a Galicia

O 24 de setembro centos de investigadoras e investigadores, decenas de actividades e sete cidades celebrarán a G-Night.

A G-Night encherá as cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Lugo de actividades de divulgación científica en lugares afastados dos laboratorios, como rúas, museos, praias e bares, nun ambiente festivo e co obxectivo de dar a coñecer o valor do traballo que desenvolven as científicas e científicos, así como a importancia desta actividade na sociedade. O evento, coordinado pola UVigo, levará a ciencia a rúas, museos, praias e bares.

No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a Galicia con folgos renovados, da man dunha decena de universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo. Coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, e baixo o lema Conciencias creativas.

Consulta todo o programa AQUÍ e reserva a túa entrada nos espazos con reserva previa.