Proxector propón visitar unha ducia de pezas audiovisuais
O pasado 22 de marzo celebrouse o Día Mundial da Auga, unha data impulsada pola ONU para sensibilizar á sociedade sobre a importancia dunha xestión responsable e sostible dos recursos hídricos. Este ano 2025, o foco céntrase nos glaciares, onde se atesoura arredor do 70% da auga doce do planeta. Segundo datos da ONU, preto de 2.000 millóns de persoas dependen directamente da auga procedente do desxeo e das correntes de montaña para abastecemento, agricultura e produción enerxética. Porén, o acelerado ritmo de fusión destes glaciares, provocado polo quecemento global, está a alterar o ciclo da auga de forma imprevisible, xerando consecuencias preocupantes a nivel global.
Desde Proxector convidante a descubrir unha selección de pezas audiovisuais que exploran a auga dende distintas perspectivas: a súa natureza, os retos que afronta e os múltiples usos que ofrece, tanto no ámbito natural como no patrimonio, a medicina, o turismo ou a enerxía.