Solicita o teu obradoiro antes do 31 de outubro e acolleo no teu centro
Os obradoiros van dirixidos ao alumnado de entre 14 e 17 anos dos centros de formación da provincia da Coruña. Todos os contidos incluídos nos obradoiros serán visuais e atractivos, a través de exemplos reais de producións e material didáctico, no que se explicarán as diversas técnicas e estudos, así como as diversas saídas profesionais dos mesmos. Inscribe aquí ao teu centro para acoller un ou varios obradoiros.
Explorarase o mundo da animación, os efectos visuais, os videoxogos, a realidade virtual ou a intelixencia artificial, explicando cales son os perfís profesionais que se demandan en cada un destes sectores e a formación de estudos dos que se debe dispoñer para traballar en empresas que se dedican a estas producións.
Explicarase de forma moi visual e didáctica as experiencias de profesionais de recoñecido prestixio na industria audiovisual, algúns e algunhas galegos/as, como referente para a consolidación de metas profesionais dos mozos e mozas participantes.
Trátase de ver os gráficos 3D desde un punto de vista máis amplo, que permita ao alumnado converter a creatividade, xunto co recoñecemento da técnica e a tecnoloxía, na súa profesión. Unha profesión sen dúbida cun gran futuro e gran demanda de profesionais.
Os obradoiros serán impartidos por Mundos Digitales Transmedia, empresa con amplia traxectoria especializada na organización e dirección de eventos culturais, formativos e educativos, congresos e feiras.