A historia viva da Terra
O CEIDA organiza esta xornada dirixida a persoal técnico e xestor, profesionais da educación, profesionais do turismo, ou público en xeral, interesado no coñecemento do patrimonio xeolóxico como unha ferramenta que permita a posta en marcha de iniciativas de conservación, educación e divulgación para crear un proxecto de desenvolvemento socioeconómico e cultural.
Terá lugar o venres 21 Xuño, de 10 a 14 h, no Castelo de Santa Cruz (Oleiros).
Podes inscribirte AQUÍ.
E o programa da xornada é este:
- 10.00 h. Inauguración.
- 10.30 – 12.00 h. Conferencias Marco:
- As 5G da Xeoconservación. Dr. Manu Monge Ganuzas, Técnico da Reserva da Biosfera de Urdaibai. Goberno Vasco. Presidente da Comisión de Patrimonio Xeolóxico da Sociedade Xeológica de España e Vice-Presidente de ProGEO.
- Os 12 pasos na construción de Galicia. Dr. Juan Ramón Vidal Romaní, Profesor Emérito Catedrático de Xeología da Universidade de A Coruña e Académico Numerario da Real Academia Galega de Ciencias (Sección de Xeoloxía e Química).
- 12.00 – 12.30 h. Descanso.
- 12.30 – 14.00 h. Mesa redonda: Xeoparques Mundiais da UNESCO:
- Xeoparque Mundial da UNESCO de Villuercas Ibores Jara. D. José Maria Corrales Vázquez, Director da Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Extremadura e miembro do Comité Científico de Parques Nacionais e Reservas de Biosfera de España.
- Xeoparque Mundial da UNESCO “Montañas do Courel”. D. Martin Alemparte Vidal, Xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel e Coordinador do Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel.
- O Complexo do Cabo Ortegal: Viaxe ao centro da Terra. D. Ricardo Arenas Martín, Catedrático do Departamento de Petroloxía e Xeoquímica da Universidade Complutense de Madrid.