Curso en líña Europeana na túa aula

Anímate e participa en dous concursos europeos

O curso consta de dúas sesións en liña:

  • Sesión 1: mércores 13 de marzo, 18 a 19 h
  • Sesión 2: mércores 10 de abril, 18 a 19 h

Europeana é a biblioteca dixital europea. A súa misión é facilitar o uso do patrimonio cultural para a educación, a investigación, a creación e o lecer. O seu traballo contribúe a unha sociedade aberta, informada e creativa.

Este curso de formación proponche coñecer os recursos de Europeana e participar en dous concursos europeos. 

A proposta é a seguinte:

  • Participar na primeira formación en liña de 1 hora para conocer os recursos.
  • Probar na túa aula unha das actividades propostas. 
  • Participar na segunda formación en liña de 1 hora para escribir unha historia de como funcionou na túa aula a actividade (tarefa titorizada). 
  • Ao realizar as diferentes partes da formación poderás obter o certificado europeo expedido por Europeana e European Schoolnet. E ademais poderás participar en dous concursos europeos cuxo premio é unha viaxe a Bruxelas para asistir ao taller de fin de curso de Europeana. 

Imparte: Patricia Barciela, Directora da Domus y Embaixadora de Europeana.

Inscrición: neste formulario ata o 6 de marzo.