CAST | GAL

O REPORTEIRO

Centros Voz Natura | Aventuras

 

Nesta sección poderedes atopar información diaria e in situ dos proxectos ambientais que se están levando a cabo nos distintos centros participantes. Non cho podes perder, se cadra o noso reporteiro xa visitou o teu colexio ou está preto, mírao no mapa!
AVENTURAS RECENTES

Experimentando coa auga

Experimentando coa auga

A Escola Infantil Raíña Lupa de Boqueixón trata de explicar explicar aos seus alumnos e alumnas o ciclo da auga cun experimento. Non vos perdades o seu blog e o vídeo da experiencia!

Ecovixiantes en acción

Ecovixiantes en acción

Os montes ourensáns están ben protexidos polos nosos incansables Ecovixiantes, que recollen sen descanso o lixo e os residuos das zonas máis degradadas. Especial interese toman as súas accións en datas tan sinaladas como o Magosto, no que por desgraza cada ano realizan unha campaña de limpeza cos seus voluntarios. Hai que denunciar a falta de civismo como fai a xuventude do Divina Pastora, liderando cun bo exemplo, unha vez máis!.

Un proxecto multidisciplinar

Un proxecto multidisciplinar

Así é o exemplar e lonxevo proxecto do CPR Sagrado Corazón de Placeres, en Pontevedra. As Patrullas Verdes organízanse todas as semanas para recoller e clasificar os residuos do patio, recollen a diario restos orgánicos das merendas para o composteiro, gozan de charlas científicas como o monólogo "Muévete con el bioetanol" a cargo dos mozos do Big Van Ciencia e ata acoden a Meteogalicia para coñecer de primeira man como predecir o clima e as súas repercusións a nivel social. Unha referencia entre os nosos colexios Voz Natura!

Plantación de outono

Plantación de outono

O CEIP para Doblada de Vigo planta no seu horto urbano acelgas, cenorias e ata manzanilla. Participan todos o cursos nas tarefas de plantación, coidado, rega e colleita, tamén na colocación de tarxetas identificativas para o horto.

A senda das cegoñas

A senda das cegoñas

As nosas Amigas das Cegoñas colocarán proximamente un novo niño en Sandiás, na provincia de Ourense. Os alumnos e alumnas do CEIP de Sandiás pronto poderán gozar dunha nova senda que percorrer e gozar, e na que aprender máis sobre esta fermosa especie.

Mochila Voz Natura

Mochila Voz Natura

Unha das iniciativas máis interesantes da biblioteca escolar do CEE Infanta Elena de Monforte de Lemos é a mochila viaxeira de Voz Natura, un recurso que consiste no préstamo quincenal para o alumnado dunha mochila con libros e xogos sobre as temáticas tratadas no proxecto, ademais dunha explicación do material e unha folla de avaliación para cubrir coas familias. Unha das iniciativas máis valoradas e solicitadas polos alumnos e alumnas do centro!

Máis cabazas en Oroso!

Máis cabazas en Oroso!

Chega o Samaín e con el as exposicións de cabazas creativas, como esta de o CRA de Oroso. Todos os cursos merece a pena gozar das decoracións dos máis pequenos.

Exposición do outono e... ¡cabazas!

Exposición do outono e... ¡cabazas!

No CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras realizou unha exposición sobre o Outono con elementos naturais: follas, froitos, herbas... Tomando fotografías na natureza como modelo, conseguiron resultados marabillosos. Tamén merece a pena ver o seu horto interior de cabazas!

Cultivando bacterias

Cultivando bacterias

Nos Ancares lucenses, os alumnos e alumnas do CPI de Cervantes cultivan bacterias recollidas de diferentes superficies por exemplo, as plumas das súas galiñas e o seu galo, ou a auga do seu acuario. Unha actividade de investigación científica moi interesante!

Un bosque comestible

Un bosque comestible

Os alumnos do IES San Rosendo de Mondoñedo coidan do seu bosque de comestibles composto por árbores pequenas, arbustos, herbáceas perennes, fungos... Un espazo no que tamén producen plantas que poden comerse, dan acubillo a aves e insectos e protexen a súa biodiversidade.

Un corvo mariño ás beiras do río Tea

Un corvo mariño ás beiras do río Tea

Durante unha das nosas actividades especiais do curso, da man do CPR Santiago Apóstolo de Ponteareas, tivemos a oportunidade de observar un corvo mariño secando as súas ás ás beiras do río Tea. Río no que os alumnos do centro puideron tomar mostras para medir o pH das súas augas, a velocidade do seu caudal ou o seu grao de turbidez.

Pechando o círculo

Pechando o círculo

O CEE Terra de Ferrol xa conta con vinte galiñas no seu galiñeiro, os coidados corren a cargo dos seus alumnos, que tamén producen compost para a súa horta durante todo o curso. Á produción de planta e árbores, tamén se lle suma o coidado do seu xardíns, pechando o círculo completo de sustentabilidade no seu pequeno espazo. Son todo un exemplo!

V Xornadas da Terra de Miranda

V Xornadas da Terra de Miranda

O próximo 18 de outubro, o CEIP Poeta Avelino Díaz de Meira terá representación nas V Xornadas Terra de Miranda de man da súa mestra e coordinadora de Voz Natura, Beatriz Páramo. Alí poderá contar a súa experiencia no medio rural e as aprendizaxes que se producen na súa contorna.

Concurso de cabazas

Concurso de cabazas

Achégase o Samaín e no CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro sábeno ben. Todo o alumnado ten ata o próximo 30 de outubro para entregar as súas cabazas. Haberá premios!

Transformando o centro

Transformando o centro

O CEIP Frei Luis de Granda de Sarria leva anos transformando da man de Voz Natura un dos espazos do centro escolar. Este patio agora goza dun invernadero e unha horta de aromáticas, unhas mesas para que o alumnado poida traballar, descansar ou merendar nelas e un xardín amplo que naturaliza o centro. 

Jornadas Conciencia en Salesianos

Jornadas Conciencia en Salesianos

Segunda xornada de ConCiencia no CPR María Auxiliadora - Salesianos - de Ourense. Nesta ocasión, José Ángel Vázquez Barquero, profesor das Facultades de Empresariais, Turismo e Relacións Internacionais, impartiu unha charla ao alumnado sobre as cidades termais e o desenvolvemento de vidas máis saudables e ambientalmente sostibles, así como os recursos térmicos e xeotérmicos.

Aprendendo do noso patrimonio cultural

Aprendendo do noso patrimonio cultural

O coñecemento e polo tanto coidado do patrimonio cultural local é unha materia curricular no CRA Nosa Señora do Faro, con centros escolares distribuídos en Ponteceso, Malpica e Cabana. Foi en Brantuas onde este xoves celebraron a que denominan "festa da vendima", pero que en realidade foi unha exaltación de todo o saber rural que rodea os centros, dende a cestería ata o trenzado de cebolas e allos -con Carmen-. , a esfolla do millo ou a propia vendimia.

Aula de natureza do río Miño

Aula de natureza do río Miño

Así traballan os Ecovixiantes do Divina Pastora en colaboración coa Aula da Natureza do río Miño, repoñendo as plantas do seu xardín para crear un número 20, que son os anos que a Aula celebra. Especialmente queremos felicitar a Luis pola súa labor ambiental nesta longa traxectoria, parabéns! Por moitos anos máis!

Un hotel de insectos

Un hotel de insectos

O Centro de Educación Especial Miño de Ourense creou cos seus alumnos este marabilloso hotel de insectos. Animámosvos a facer esta actividade, merece moito a pena!

Aquí falta unha árbore

Amigas da Terra realiza esta campaña na cidade de Ourense para denunciar a tala cada vez máis indiscriminada de árbores sans no seu territorio e empraza ás autoridades a promover a súa conservación e protección.

Ecovixiantes en marcha

Ecovixiantes en marcha

Os Ecovixiantes do CPR Divina Pastora de Ourense levan traballando dende o primeiro día de curso na defensa do medio ambiente. Ademais, tamén difunden o seu proxecto, os seus logros, as actividades que están por vir e motivan aos seus alumnos para que coñezan a orixe do seu grupo: as paredes do centro son testemuña diso!

O mar empeza eiquí

O mar empeza eiquí

O CPI José García de Mende (Ourense) leva anos contribuíndo a unha campaña internacional para evitar que os lixos sexan tirados polo sumidoiro. “O mar comeza eiquí” é o seu lema, e podemos atopar iniciativas similares en cidades como Menorca ou Buenos Aires.

Coidando do bosque

Coidando do bosque

No Bosque do Seminario Menor A Inmaculada de Ourense seguen coidando cada detalle: roza e limpeza, mantemento dos camiños, mobiliario e sinalización, replantación de árbores... Un lugar marabilloso para pasear e gozar da natureza.

Reutilizando tapóns

Reutilizando tapóns

Dúas excelentes opcións para reutilizar tapóns. O CEIP Nosa Señora de Xuvencos elaborou un mural con este material para decorar as paredes do centro e o CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia realizou un espantallo para o seu xardín. Todo é poñerlle un pouco de creatividade!

A ecopatrulla en acción

A ecopatrulla en acción

Os máis pequenos do CEIP Albino Núñez de Ourense limparon o xardín de lixo evitando que os seus patos e galiñas comeran plásticos accidentalmente. O cubo quedou visible para que os seus compañeiros puidesen ver o resultado da xornada de traballo da ecopatrulla.

Comeza o curso!

Comeza o curso!

Comeza un novo curso e con el as viaxes do Comité Científico de Voz Natura. A partir do 23 de setembro visitaremos aos participantes con saída na provincia de Ourense.

Síguenos en nuestras redes

¡No te pierdas nada!