CAST | GAL

Décimo tercera edición (2009-2010)

 
O sábado, 5 de xuño e Día Mundial do Medio Ambiente celebramos no parque Deportivo de Acea de Ama en Culleredo (A Coruña) a gran festa fin de curso do programa.

Unha ampla exposición mostrou o gran labor ambiental dos participantes na presente edición. Nela podíanse ver maquetas, carteis, manualidades, experimentos, especies animais e vexetais, fotos e vídeos dos proxectos e ata aos protagonistas explicando os traballos realizados.

Desde as 11 da mañá ata as 8 da tarde todos os asistentes gozaron dunha intensa xornada repleta de xogos, talleres e actividades culturais.

A programación da xornada incluía actividades para todos os gustos. Os asistentes xogaron, montaron en póneis, saltaron nos inchables, gozaron de actuacións musicais e teatrais, monicreques, deportes de aventura, four-cros, tenis, fútbol, helicóptero, paracaídas, talleres de todo tipo, campionatos, carrusel, surf, ...

Pola tarde, o programa Voz Natura entregou os seus premios aos mellores proxectos ambientais desenvolvidos na presente edición, dedicada á defensa da biodiversidade. O colexio Los Sauces de Pontevedra, recibiu o máximo galardón por un proxecto titulado Ecoauditoría escolar que implicou, ao longo dos últimos dez anos, aos alumnos converténdoos en ecovigilantes do medio encargados de mellorar a "saúde ambiental" da súa contorna.

¡Todo isto foi posible grazas a un gran equipo que fixo que funcionase todo á perfección!




 

DESCARGAS

ACTIVIDADES E HORARIOS
CARTEL DA FESTA
PLANO DO PARQUE. RECOMENDACIÓNS