CAST | GAL

Décimo sexta edición (2012-2013)

 
Ata 41 equipos estréanse este curso en Voz Natura
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Ata 41 equipos estréanse este curso en Voz Natura

Dos 298 equipos que este curso executan actuacións ambientais ao amparo de Voz Natura, un total de 41 estrean participación. Son colexios, institutos e asociacións que durante o curso 2012-2013 realizarán diversas actividades ecolóxicas ao amparo do programa da Fundación Santiago de Rey Fernández-Latorre.

 
Última rolda de visitas do comité científico aos centros
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Última rolda de visitas do comité científico aos centros

O comité científico de Voz Natura comeza estes días a súa segunda fase de visitas aos 298 centros educativos e asociacións que participan este curso no programa. Estes encontros servirán para comprobar a fase de desenvolvemento en que se atopan os proxectos ambientais, asesorar aos profesores e tomar as primeiras notas de cara á concesión dos premios.

 
A festa fin de curso será o sábado 1 de xuño
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

A festa fin de curso será o sábado 1 de xuño

Os máis de 50.000 alumnos que este curso participan en Voz Natura, os seus profesores, as súas familias e todas as persoas que desexen asistir teñen unha cita o sábado 1 de xuño na festa fin de curso do noso programa. O escenario será novamente o parque de Acea de Ama, no municipio coruñés de Culleredo...

 
Os centros ourensáns reciben ao Comité
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Os centros ourensáns reciben ao Comité

Coincidindo co inicio do curso 2012-2013, o Comité Científico de Voz Natura iniciou a semana pasada as visitas aos centros educativos participantes para brindarlles o seu asesoramento na posta en marcha dos seus traballos ambientais.

 
Os escolares pontevedreses con Voz Natura
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Os escolares pontevedreses con Voz Natura

Co inicio do curso escolar ponse tamén en marcha os proxectos ambientais dunha vintena de colexios, asociacións e entidades de Pontevedra e comarca participantes na 16ª edición.

 
Os alumnos do CEIP Pedrosa Latas de Celeiro gozaron do seu premio
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Os alumnos do CEIP Pedrosa Latas de Celeiro gozaron do seu premio

O traballo mediambiental deste centro de Viveiro resultou gañador do premio provincia de Lugo do curso pasado e como recompensa os alumnos gozaron dunha estancia de dous días en Manzaneda (Ourense) que gozaron estes días.

 
Trece centros da Costa da Morte no novo curso
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Trece centros da Costa da Morte no novo curso

Colexios e institutos de Bergantiños, Soneira e Fisterra ponse este mes man á obra para arrincar os seus traballos Voz Natura. Este curso participarán trece centros da zona.

 
As visitas do comité chegan a Lugo
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

As visitas do comité chegan a Lugo

Cada un dos 298 centros educativos e asociacións que este curso participan en Voz Natura recibirá a visita do comité científico do programa en dúas ocasións ao longo do curso. A primeira rolda destas visitas alcanza o seu ecuador esta semana, cando o comité desprazarase a Lugo, tras percorrer xa Ourense e practicamente toda a provincia de Pontevedra.

 
Os gañadores de Voz Natura volven con ambiciosos traballos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Os gañadores de Voz Natura volven con ambiciosos traballos

Continuar con actividades iniciadas o curso pasado e pór en marcha outras novas relacionadas co aforro enerxético e a promoción das fontes sostibles, tema destacado desta edición de Voz Natura. Esta é a intención dos centros galardoados o curso pasado co premio Galicia e os provinciais.

 
Voz Natura fideliza a miles de nenos desde a súa creación en 1997
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Voz Natura fideliza a miles de nenos desde a súa creación en 1997

Desde a súa posta en marcha no curso 1997-1998 o programa ambiental Voz Natura -auspiciado pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre- acumula máis de 3.000 proxectos ecolóxicos desenvolvidos por alumnos e profesores de Galicia.

 
Voz Natura dedica a súa próxima edición a protexer ríos e praias
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Voz Natura dedica a súa próxima edición a protexer ríos e praias

O 1 de febreiro ábrese o prazo de presentación de proxectos de actuación para o próximo curso 2013-2014. A que será xa a 17ª edición do programa da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre manterá a filosofía coa que naceu en 1997: invitar á comunidade escolar de Galicia a protexer os ecosistemas a través de actuacións directas no medio e doutras actividades de concienciación nos centros.

 
Os equipos Voz Natura achéganse ás renovables
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Os equipos Voz Natura achéganse ás renovables

A promoción das enerxías sostenibles e o fomento do aforro enerxético son os temas destacados deste curso Voz Natura. Moitos dos equipos participantes puxeron en marcha nos seus propios centros plans de aforro enerxético e algúns deron un paso máis e experimentan coas renovables con orixinais actividades.

 
Descubrindo Cachamuíña
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Descubrindo Cachamuíña

Todos os alumnos do colexio Ben Cho Shey,de O Pereiro de Aguiar, xunto aos seus profesores, desprazáronse na mañá de onte ata o embalse de Cachamuíña. Máis de douscentos rapaces aproveitaron a xornada para coñecer algo máis da natureza que lles rodea.

 
Reforestación no monte do Salgueiral
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Reforestación no monte do Salgueiral

Setenta alumnos dos centros educativos Juan XIII, do colexio de Cabanas-Salcedo e do Instituto Xunqueira I participaron nunha nova repoblación forestal no Monte do Salgueiral, na parroquia de Bora, un dos máis castigados por aquela dramática oleada de incendios do 2006.

 
O aforro enerxético instálase nos centros Voz Natura
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O aforro enerxético instálase nos centros Voz Natura

Apagar a luz ao saír do aula ou pechar o grifo mentres se cepillan os dentes son condutas que están este curso máis presentes que nunca entre os alumnos Voz Natura. Esta 16.ª edición do programa está especialmente dedicada á promoción das fontes alternativas e ao aforro enerxético polo que miles de escolares en Galicia...

 
Reforestacións Voz Natura por toda Galicia
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Reforestacións Voz Natura por toda Galicia

Marzo é sinónimo de plantación Voz Natura. Dos 298 centros educativos e asociacións que participan este curso, a gran maioría escollen este mes para desenvolver as actividades de reforestación incluídas nos seus proxectos. A conmemoración do Día da Árbore o pasado xoves, día 21, esténdese ao longo de todo o mes e por todos os recunchos de Galicia.

 
O colexio de Carril inaugura un acuario de peixes tropicais
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O colexio de Carril inaugura un acuario de peixes tropicais

O colexio de Carril ten desde onte novos inquilinos. Chegaron desde ben lonxe, nada menos que do Trópico, pero están xa perfectamente aclimatados no acuario que o centro preparou para eles. Como adiviñarían, trátase de varias clases de peixes e 
mariscos que os mozos do colexio carrileño terán que coidar a partir de agora. 

 
Profesores e pais póñense á fronte dos traballos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Profesores e pais póñense á fronte dos traballos

Un total de 3.046 profesores de toda Galicia participan este curso en Voz Natura, ben como coordinadores dos proxectos ben como profesores de apoio que fan posible a ejecución dos traballos. Xunto a eles sitúanse en moitas ocasións as familias dos alumnos e nunha decena de casos en concreto son os pais e nais os que se poñen á fronte dos traballos a través de diversas asociacións.

 
El Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces únense aos patrocinadores
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

El Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces únense aos patrocinadores

Voz Natura continúa sumando apoios á causa. Os últimos en incorporarse ao programa e apoiar así as actuacións escolares de protección ambiental son El Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces.

 
Os equipos Voz Natura, pioneros nos hortos urbanos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Os equipos Voz Natura, pioneros nos hortos urbanos

Nos últimos anos, cada vez máis cidades acollen os denominados hortos urbanos promovidos por concellos, asociacións ou particulares. As urbes galegas non están á marxe desta tendencia, pero o certo é que aquí, e desde fai xa dezaseis anos, funciona outra modalidade de hortos urbanos e ecolóxicos plenamente consolidados: os promovidos polos centros Voz Natura.

 
O CPI de Panxón, premio ao mellor blog Voz Natura
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O CPI de Panxón, premio ao mellor blog Voz Natura

Este curso estréanse en Voz Natura e fano pisando forte. Alumnos e profesores do CPI de Panxón (Nigrán - Pontevedra) puxeron todo o seu empeño en desenvolver un proxecto ambiental moi completo e en trasladalo a toda a sociedade a través do seu blog Do pedernal á fusión. 

 
O colexio Seminario de Lugo, premio Galicia de Voz Natura
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O colexio Seminario de Lugo, premio Galicia de Voz Natura

Un traballo multidisciplinar no que destacan os valores solidarios, a vocación de contaxio a toda a comunidade escolar e a aplicación intensiva da tecnoloxía para obter enerxías alternativas e aforrar recursos foron os motivos polos que o comité científico de Voz Natura decidiu conceder o premio Galicia deste curso ao Colexio Seminario Diocesano Sagrado Corazón de Lugo.