CAST | GAL

Vixésima segunda edición (2018-2019)

 
O Muncyt ofrece un paseo pola ciencia aos centros Voz Natura
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O Muncyt ofrece un paseo pola ciencia aos centros Voz Natura

Un ano máis, e xa van sete, a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, impulsora do programa de educación ambiental de La Voz de Galicia, e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía subscribiron un novo acordo, para que os centros participantes na actual edición de Voz Natura poidan realizar visitas guiadas ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) da Coruña.

 
Garda Civil e Voz Natura fomentan a conciencia ambiental
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Garda Civil e Voz Natura fomentan a conciencia ambiental

Voz Natura e a Garda Civil pon en marcha unha nova edición do seu plan conxunto para concienciar a nenos e mozos sobre a necesidade de coidar a natureza. A partir de hoxe, os 360 centros educativos que participan no programa poden xa solicitar á Garda Civil que visite o seu centro para falar cos alumnos sobre como protexer a natureza, como previr os incendios e, en xeral, explicarlles o labor que levan a cabo. Os axentes ofrecerán consellos prácticos e resolverán as dúbidas e curiosidades que poidan ter os estudantes sobre o coidado ambiental.

 
CURSO DE FORMACIÓN PARA DOCENTES: “DESENVOLVEMENTO E DIVULGACIÓN DE PROXECTOS AMBIENTAIS
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

CURSO DE FORMACIÓN PARA DOCENTES: “DESENVOLVEMENTO E DIVULGACIÓN DE PROXECTOS AMBIENTAIS"

Voz Natura pon en marcha un novo curso para profesores, no que os docentes serán formados en cuestións relacionadas co desenvolvemento e divulgación de proxectos educativos ambientais. As clases impartiranse os días 3, 4, 10 e 11 de decembro na Coruña, e serán totalmente gratuítas e  homologables pola Consellería de Educación,  Universidade e Formación Profesional @de la Xunta de Galicia.