




Comezan as visitas do comité científico
Coincidindo co arranque do curso, o comité científico de Voz Natura ponse en ruta a partir do 15 de setembro para visitar a todos e cada un dos 324 centros participantes no programa..jpg)




Curso sobre creación de programas ambientais
Voz Natura ofrece, aos profesores participantes no programa, sesións formativas gratuítas e homologables pola Consellería de Educación. O obxectivo é capacitar aos docentes para crear e administrar un blog que se converta na ferramenta para dar a coñecer o proxecto e inquietudes ambientais do centro e no punto de encontro dos alumnos e profesores involucrados na iniciativa.




Unha edición especial para celebrar os 20 anos de Voz Natura
Cando arranque o próximo curso, no mes de setembro, comezará tamén unha edición moi especial de Voz Natura. O noso programa de educación ambiental celebrará o seu vixésimo aniversario. Dúas décadas nas que puxo a disposición dos centros educativos de Galicia as ferramentas para integrar as actividades ambientais no seu día a día. O 1 de febreiro ábrese o prazo para participar.




Naturacción fomenta o respecto ao medio nos escolares lucenses
Un total de 37 centros educativos con máis de 5.000 alumnos e case 350 profesores son os protagonistas dunha nova edición de Naturacción, un subprograma de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Ciprián e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.




Voz Natura celebrou o Día da Árbore no CEIP Gregorio Sanz, de Ribadeo
Hoxe é un día moi especial para os 324 centros educativos e asociacións que participan en Voz Natura. Aproximadamente un 70% dos proxectos que están en marcha este curso inclúen plantacións e reforestacións.




Voz Natura celebrará a súa gran festa fin de curso o 4 de xuño
Xa hai data. O sábado 4 de xuño é o día para sinalar na axenda. Miles de escolares de Galicia e as súas familias teñen unha cita ese día en Culleredo, no parque de Acea de Ama, para celebrar o fin de curso de Voz Natura. A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre programou para esa xornada unha gran celebración con entrada libre para todas as persoas que desexen asistir, participen ou non o programa.




Os traballos ambientais deste ano entran na súa recta final
Traballos multidisciplinares, orixinais, innovadores e colaborativos. Estas son, a xuízo do comité científico, as características máis destacadas dos 324 proxectos ambientais que se están desenvolvendo este curso. Este mes conclúen a súa segunda rolda de visitas aos centros para coñecer de primeira man en que consisten as súas actuacións. 12_0.png)




A escola infantil Monte da Guía, premio ao mellor blog
QuéroT verde é o nome do caderno dixital que este curso se fai co premio da comunidade bloguera de Voz Natura. O xurado seleccionou o blogue da Escola Infantil Monte da Guía, de Vigo, como o máis completo desta 19.ª edición.



