CAST | GAL

Novena edición (2005-2006)

 
Miles de persoas asistiron o 3 de xuño do 2006 á festa fin de curso de Voz Natura. O parque de Acea de Ama (Culleredo-A Coruña) acolleu un amplo programa de actividades lúdicas e deportivas, con diversión para todas as idades durante nove horas sen interrupción. A exposición dos proxectos ambientais dos centros foi un dos eixos centrais da festa.

Pola tarde, entregáronse os premios aos centros seleccionados polo Comité Científico como os máis destacados da novena edición e presentouse en sociedade a mascota de Voz Natura: Terri, quen saudou aos asistentes e ofreceu a súa colaboración para coidar a natureza.

O Xabarín Club da Televisión de Galicia puxo o broche de ouro a unha festa que despediu ao grande un intenso curso de traballo a favor do medio ambiente.
 

DESCARGAS

CARTEL DA FESTA