Voz Natura celebra o Día Forestal Mundial
Os centros participantes realizan estos días múltiples plantacións para conmemorar esta data. Ademais, en Sarria, os escolares do Frei Luis de Granada plantaron as árbores doadas por Viveiros Cabaleiro.
As árbores xeran multitude de beneficios para a nosa biosfera e por iso a súa protección é fundamental. Para concienciar da importancia de preservar esta parte fundamental do noso ecosistema e loitar contra as agresións ás que ven sometidos os bosques, a organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación instaurou o 21 de marzo como Día Forestal Mundial.
Nesta data, miles de persoas realizan plantacións. Os centros Voz Natura, sempre implicados en calquera tipo de acción que favoreza o medio natural galego, decidiron comezar, fai xa algunhas semanas, a reforestar distintos puntos crave da nosa xeografía con especies autóctonas como castaños ou cerdeiras para festexar este día.
Viveiros Cabaleiro
Unha das accións princiapales deste ano desenvólvese hoxe en Sarria, grazas á colaboración de Viveiros Cabaleiro. O antigo vertedoiro de Sarria, selado e recuperado fai cinco anos, foi o lugar elixido para a actuación. Os alumnos do Frei Luis de Granada plantaron máis de 300 árbores doadas por esta empresa nun acto organizado por Voz Natura coa colaboración do Concello e Medio Rural.
O portavoz do comité científico de Voz Natura, José Antonio Díaz e a coordinadora, Nazareth Díaz, foron os encargados de conducir o acto no que estiveron acompañados polo alcalde de Sarria, Claudio Garrido, os concelleiros Xermán Arias, Francisco García, Violeta Bernardo e Manuel López, o director do colexio, Antón Soengas e o delegado de La Voz en Lugo, Miguel Ángel Cabana.
Os menores, asesorados por técnicos de Medio Rural e Medio Ambiente plantaron os abetos autóctonos en tres puntos do monte. Despois do traballo recuperaron forzas cun pequeno refrixerio a cargo de Begano Coca-Cola e acudiron a continuación a visitar a contorna natural no que o Concello está rehabilitando o mazo de Arxemil.