CAST | GAL

Décimo segunda edición (2008-2009)

José Antonio Díaz, presidente do Grupo Micolóxico Galego

 
O portavoz e secretario do Comité Científico de Voz Natura -enlace cos centros e responsable da exposición de todos os traballos que se realiza a final de curso- acaba de ser nomeado presidente do Grupo Micolóxico Galego Luis Freire.

José Antonio Díaz Núñez é socio fundador deste colectivo, creado en 1992 co obxectivo de divulgar e protexer a micoloxía galega respectando sempre o medio ambiente.

Na asemblea celebrada o pasado domingo constituíuse unha nova xunta directiva con Díaz Núñez á fronte. Para esta nova etapa, o recentemente estreado presidente proponse potenciar o papel do Grupo como un referente social en canto a información e divulgación do patrimonio micolóxico de Galicia e reforzar o traballo conxunto coas diversas asociacións micolóxicas nacionais e internacionais. «Seguiremos, sobre todo, e como vimos facendo en Voz Natura, protexendo o noso patrimonio natural», defende José Antonio Díaz.