Os gañadores provinciais van de excursión!!
Os alumnos dos centros gañadores dos premios provinciais participaron nunha excursión ao complexo intermareal Umia-O Grove como recompensa ao traballo realizado. Os catro colexios gozaron dunha completa xornada na que aproveitaron para intercambiar experiencias, realizar unha travesía en barco e unha ruta por este espazo protexido, entre outras actividades.
Na edición que agora se pecha, a correspondente ao curso 2008-2009, resultaron gañadores provinciais o colexio Santa Apolonia (Santiago de Compostela), o CEIP de Cervo (Lugo), o CEIP de Rebordáns (Tui) e o CEIP Curros Enríquez (Celanova).
O punto de encontro dos escolares galegos foi a praia da Lanzada. Alí, os nenos -50 por cada centro- dividíronse en dous grupos: os de Santiago e Celanova embarcáronse nun catamarán para gozar dos fondos mariños da ría de Arousa. Por outra banda, os de Cervo e Tui foron os primeiros en percorrer a praia e participar en diversos xogos.
A xornada contou con múltiples actividades ambientais e lúdicas, visitas ao Museo da Salazón, do Grove, e á ludoteca, para os máis pequenos.