CAST | GAL

Décimo segunda edición (2008-2009)

Husqvarna favorece a reproducción das aves

 
Husqvarna, empresa líder mundial na fabricación de maquinaria e accesorios para o sector forestal e de xardinería, é tamén unha empresa comprometida co coidado e respecto do medioambiente. Voz Natura e Husquvarna únense co obxectivo de evitar a diminución de paxaros insectívoros, implicando aos nenos e mozos galegos no seu coñecemento, coidado e respecto.
Para fomentar as medidas de conservación destas aves, os centros participantes reciben caixas niño, folletos explicativos para o seu uso e mantemento e un poster guía coas especies que posiblemente se convertan en inquilinos destes novos fogares.


Os niños, fabricados polos reclusos dos cárceres de Teixeiro e Bonxe nun proxecto de reinserción social e laboral, ábrense pola parte posterior polo que, seguindo os pasos adecuados para non molestar aos seus novos donos, pódese seguir todo o proceso de cría das aves, desde a posta dos ovos ata que son adultos.

Para os que queirades adentrarvos aínda máis no mundo das aves aquí deixámosvos uns enlaces: