Constrúe o teu belén ecolóxico
En Nadal a porcentaxe de residuos que se xera aumenta ata nun quilo por persoa. Cun pouco de imaxinación, podes darlle algún tipo de utilidade a todo ese material, por exemplo, construír un Belén non só orixinal senón tamén respectuoso co medioambiente. Aquí tes algunhas ideas, proporcionadas polo centro Domingo Fontán de Portas, para facer o teu propio Belén con material reciclaxe.
REIS MAGOS: Colle unha caixa de ovos e recorta tres cuadraditos. Píntaos con tempera vermella, reservando unha das caras que pintarás de calquera outro cor. Sobre un cartón debuxa mans e pés, recórtaos, coloréalos e pégaos no lado que pintaches doutra cor. Utiliza unha cortiza de botella para facer a cabeza, crávalle un escarvadentes e insíreo no centro do cuadradito da caixa de ovos que xa tes preparado. Con algodón ou la vella que teñas por casa fai a barba e o pelo. Podes utilizar un pouco de algodón para adornar os baixos da capa. Cun pouco de papel regalo brillante, que che sobrou dalgún agasallo, fai a coroa. Non esquezas porlle os ollos para que poidan ver o camiño ata a túa casa, podes facelo con dúas bolitas pequenas de plastilina.
CAMELOS: Xunta dous cilindros de papel hixiénico e úneos con celo. Enche os ocos do cilindro con papel de xornal para obter as jorobas. Sobre un cartón de caixa de galletas (ou similar) que teñas por casa, debuxa a cabeza do camelo e as patas, recorta e pega na estrutura dos rolos de papel. A cola do camelo podes facela enrolando papel de xornal. Axúdache de cola branca e un pincel para forrar todo con papel de seda marrón. Cun pouco de plastilina fai os ollos e a boca do camelo.
FIGURIÑAS: Utiliza os envases de iogur líquido da merenda para facer a estrutura do corpo. Para a cabeza, envolve o tapón do iogur con varias follas de xornal engurradas para conseguir máis volume. Recorta de calquera revista papel de distintas cores para facer a roupa. Cun pouco de algodón ou la podes porlles pelo e barba.
ÁRBORES: Reserva varios cilindros de papel hixiénico para facer o tronco das árbores. Fai unha mestura de cola branca e auga, mergulla nese líquido varias follas de papel de xornal sácaas e fai unha bóla e deixa secar. Cando xa non estea húmida píntaa de verde e obterás a copa da árbore. As follas tamén podes facelas recortando todo o papel de cor verde que atopes nas revistas e despois facendo unha bola.
PALMEIRAS: Para o tronco utiliza cilindros de papel de cociña, complétao recortando bases de caixas de ovos e pegándollas. Debuxa sobre o xornal unha folla grande de palmeira, cando vaias recortar asegúrache de coller varias follas de xornal para así non ter que repetir demasiadas veces a operación. Con témpera pinta as follas de verde e pégallas ao tronco para ter lista a túa palmeira.
MUÍÑOS: Depende do tamaño do que queiras facelos, podes utilizar desde cilindros de papel hixiénico ata caixas de zapatos para facer a base do muíño. Para o teito debuxa nunha cartolina un semicírculo bastante amplo. Recórtao e une os bordos ata que se che forme un cono. Pega eses bordos cun pouco de celo e colócaos sobre a base que preparaches. Para facer as aspas do muíño só tes que separar dúas pinzas de colgar a roupa e pegalas sobre un cartón. Cando teñas a peza lista pégallo á parede do teu muíño.
CASTELO HERODES: Debuxa nunha caixa grande as portas e fiestras que che gustaría que leva o castelo. Cunhas tesoiras recorta, con moito coidado, seguindo o modelo que debuxaches. Se queres que da sensación de que sae luz das fiestras, pega, pola parte de dentro das fiestras, un papel de cor amarela ou laranxa. Colorea as paredes do castelo como máis che gusten.
ANIMAIS: Fai un mestura de cola branca e auga e mergulla nela follas de xornais ata obter unha masa. Moldéaa coma se fose plastilina e dálle a forma do animal que queiras, despois colorea ao teu gusto.