CAST | GAL

Décimo segunda edición (2008-2009)

Voz Natura volve ás aulas

 
Miles de nenos e mozos de Galicia reincorporánronse ás suas aulas e ao mesmo tempo, as comunidades educativas dos 244 centros participantes retoman ou inician os seus proxectos ambientais. ¡Quedan nove meses por diante de traballo polos ecosistemas de Galicia!

 Na Coruña son 133 os centros participantes; en Lugo, 27, en Ourense, 18, e en Pontevedra, 66. Todos eles suman miles de alumnos que están xa ao choio coidando os ecosistemas. Boa parte deles, retoman os proxectos doutros cursos para darlles continuidade ao seu labor e manter as melloras xa realizadas na súa contorna. Con todo, os traballos non quedan aí e enriquécense tamén con novas propostas.

A maior parte dos traballos aprobados polo Comité Científico son de carácter multidisciplinar, é dicir, abarcan diversos ámbitos da educación ambiental. Así, este curso, ademais loitar contra o cambio climático seguirán reforestando, limpando, reciclando...