CAST | GAL

Décimo tercera edición (2009-2010)

O Comité Científico comeza as visitas aos centros en Ourense

 
A provincia ourensá será a primeira en recibir as visitas dos integrantes do Comité Científico de Voz Natura. O vindeiro luns 14 de setembro, os especialistas do programa iniciarán o percorrido polos centros desta zona co obxectivo de ofrecerlles o seu apoio para o desenvolvemento dos traballos.

Recentemente inaugurado o curso, o Comité Científico, con José Antonio Díaz Núñez á fronte, visitará a cada un dos centros participantes no programa para comprobar persoalmente os obxectivos que se marcan para esta edición. Neste primeiro encontro, profesores e alumnos poderán explicar o seu proxecto, mostrar as zonas onde se executará e resolver dúbidas.

Os coñecementos e experiencia dos especialistas de Voz Natura poranse a disposición das comunidades escolares co obxectivo de que o seu proxecto ambiental sexa do máis completo, rigoroso e respectuoso coa contorna.