CAST | GAL

Décimo tercera edición (2009-2010)

Voz Natura bate a súa marca con 45.000 participantes

 
O curso 2009-2010 de Voz Natura converteuse no máis concorrido dos trece de vida do programa da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. A través de 261 colexios, institutos e asociacións este ano están involucrados no programa un total de 45.000 nenos, mozos e, tamén, algúns adultos.

Analizando a evolución das cifras de participación no programa, apréciase un cambio de tendencia nos centros: no curso 1997-1998 —o primeiro de vida do programa— participaron ao redor de 10.000 estudantes. En cada centro, un profesor e un equipo de alumnos encargábase de executar o proxecto ambiental. Con todo, agora, nun bo número de centros, é xa a totalidade do alumnado e gran parte do corpo docente os que se involucran no traballo.

As actuacións ambientais divídense por graos de dificultade e por cursos para que cada un poida participar na medida das súas posibilidades.Un exemplo, entre os moitos que existen no programa, é o traballo do colexio La Salle, de Ferrol, onde xa saben o que é gañar o premio Galicia. Neste centro reforestan, traballan coas enerxías, reciclan e coidan áreas naturais organizados por idades de forma que, ao longo do tempo, os alumnos van pasando por todas a tarefas.

Profesores 
Voz Natura naceu grazas ao apoio de 109 profesores, un por centro e por proxecto. Actualmente son máis de 2.400 os docentes que abanderan o programa nos 261 centros galegos.

O seu labor é fundamental para lograr o éxito dos traballos e, ademais, posibilita a execución de tarefas máis complexas como recuperación de espazos degradados ou plantacións que os alumnos dificilmente poderían desenvolver sos. Algúns deles dedican ao proxecto parte do seu tempo libre e intentan integralo no programa académico do centro para sacarlle o máximo partido posible.

As familias dos alumnos e as asociacións de pais e nais pechan o círculo duns traballos que cada ano reúnen máis apoios.