CAST | GAL

Décimo tercera edición (2009-2010)

Sogarisa reafirma o seu compromiso con Voz Natura

 
A compañía líder en Galicia no tratamento e xestión de residuos industriais perigosos e unha das empresas do sector máis importantes de España continúa apoiando o traballo dos centros Voz Natura nesta décimo terceira edición.

Sogarisa caracterizouse desde os seus comezos polo seu compromiso co desenvolvemento sostible e pola conservación e protección da contorna natural. Na súa política ambiental destaca a constante actualización das súas prácticas, a través da incorporación dos principais avances tecnolóxicos e da aplicación das novas concepcións do medio ambiente, ademais do seu apoio á educación ambiental a través de Voz Natura.

As súas instalacións das Somozas, onde se sitúa o Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG), permítenlle tratar unha media de 145.000 toneladas anuais e ofrecer un servizo á medida das necesidades do sector industrial de Galicia.

Ademais, a empresa deseñou un ambicioso plan estratéxico centrado na recuperación e valorización dos residuos, que converterán o CTRIG nunha das instalacións máis avanzadas da Unión Europea nesta materia.