CAST | GAL

Décimo cuarta edición (2010-2011)

Logo de analizar todos os proxectos ambientais que se presentaron, entre febreiro e marzo, para participar na décimo cuarta edición de Voz Natura, o Comité Científico decidiu aumentar a familia do programa ata 272 centros entre colexios, escolas taller e asociacións.

 O Comité Científico destaca a calidade dos proxectos que este curso traballarán duro para tratar de concienciar sobre o consumo responsable da auga, que será o fío condutor da nova edición do programa ambiental da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Para realizar esta selección de centros Voz Natura tívose moi en conta que o principal obxectivo dos proxectos fose o de protexer este valioso recurso natural, a auga. Por iso, outorgouse especial relevancia aos traballos que incorporan actividades relativas ao aforro e correcto uso da auga tanto a nivel doméstico como industrial, así como tamén todo tipo de actuacións orientadas á preservación dos ecosistemas fluviais e mariños.

Os centros que non puidestes formar parte desta nova aventura de Voz Natura, non vos preocupedes! En febreiro poderedes volver intentalo!