CAST | GAL

Décimo cuarta edición (2010-2011)

Os centros Voz Natura aúnan solidariedade e defensa ambiental

 
Na cidade filipina de Iloílo hai un horto con selo Voz Natura. Está nun centro de acollida para nenos sen recursos -alí estudan, comen e dormen- xestionado polas Hijas de Jesús. O investimento necesario para polo en marcha chegou o curso pasado desde A Coruña, grazas ao traballo realizado a través de Voz Natura polo centro educativo desta congregación. Á vez que protexían a biodiversidade galega, recadaban fondos para crear un horto solidario a miles de quilómetros.

O seu traballo é un dos que non só saíu do recinto escolar, senón do país e, ata, do continente. Este curso, dedicado á auga, foron moitos máis os que viron neste tema unha oportunidade para conxugar sustentabilidade e solidariedade. Así, en África, haberá moi pronto varios pozos realizados grazas a centros Voz Natura. En Ferrol, o colexio Mercedarias proponse levar a auga ata Banfora (Burkina Faso) e en Tui, o Ceip Rebordáns xa entregou a súa recadación á ONG Pozos de Auga Mayo Rey (Camerún).

Desde Valga ata os campamentos saharauís de Dajla 
O programa Vacacións en Paz fai posible que os nenos que viven nos campamentos de refuxiados de Tinduf (Alxeria) pasen o verán afastados do deserto, acollidos por familias. Unha das localidades que acolle a estes pequenos é Valga, en Pontevedra, onde se atopa o colexio Ferro Couselo que este curso quere ir un paso máis aló. «Este ano, ademais dos proxectos de reciclaxe, limpeza do río ou reforestacións, quixemos darlle unha dimensión solidaria a Voz Natura», indica Francisco J. Sánchez, coodinador do proxecto no centro. Con esa intención, están recadando fondos para construír un pozo no campamento de Dajla, de onde chegan os seus visitantes estivais. Venderon calendarios e camisetas e solicitado apoio ás empresas da zona.

O seu traballo é especialmente valorado desde a asociación que desenvolve en Galicia o programa Vacacións en Paz, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e pola súa presidenta, Maite Isla: «A iniciativa paréceme extraordinaria, sobre todo, porque é unha forma de dicirlles aos pequenos ou valor que ten a auga, xa que aquí non somos conscientes».

O colexio Cervantes, en Etiopía 
A comunidade educativa do colexio Cervantes, de Lugo, tamén dotou dunha dimensión solidaria ao seu proxecto Voz Natura, titulado Cada pinga un tesouro. Están traballando para reunir fondos que permitan a contrucción dun pozo de auga potable en Etiopía, en colaboración con Intermón Oxfam, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e Unicef.

Unha das accións que están desenvolvendo pasa por editar unha revista na que darán a coñecer as actuacións realizadas no colexio e incluirá diversas colaboracións. Entre elas, haberá un relato sobre a auga escrito polo actor Luís Tosar, que se suma así a este proxecto eco-solidario. Ata o momento, conseguiron tamén involucrar -a través de distintas achegas- a David Bustamante, Jesús Vázquez, Luís Piedrahita, Xosé Ramón Gayoso, Antón Dobao ou Beatriz Hervella.

Festa 
A solidariedade en Voz Natura tamén ten un papel destacado na festa fin de curso que cada ano reúne a miles de persoas no municipio coruñés de Culleredo (este ano será o 4 de xuño). Diversas asociacións, como Axuda en Acción, Solidariedade Galega, Unicef, Cruz Vermella ou Médicos do Mundo, entre outras, teñen un espazo nesta