Recuperamos o patrimonio etnográfico
Non só o patrimonio natural, tamén o etnográfico está no punto de mira dos traballos que os centros escolares e asociacións de Galicia executan ao amparo de Voz Natura. Nesta edición -dedicada á auga- son varios os proxectos que tratan sobre a recuperación de elementos como fontes ou lavadoiros tradicionais.
Na Pobra de Trives, os alumnos do colexio Manuel Bermúdez de Couso e as súas familias, a través do ANPA O Recreo, están realizando seis rutas polas fontes na súa contorna para analizar a súa auga -coa axuda do Proxecto Ríos-, fotografíarlas e catalogalas. O obxectivo é polas en valor e evitar que caian no esquecemento.
Un traballo similar desenvolven, desde fai varios anos, os dous mil integrantes da Asociación O Castro de Baión (Vilanova). Neste caso, fíxanse nas fontes pero tamén nos lavadoiros. O colexio Sagrado Corazón (Ribadeo) ou o Divina Pastora (Ourense) son outros exemplos de accións de protección etnográfica.
Apicultura, enoloxía ou acuicultura
A imaxinación dos centros Voz Natura á hora de propor actuacións relacionadas co medio ambiente non ten límites. Por iso, no catálogo de traballos atópanse actuacións tan diversas como o coidado de colmeas e a produción de mel, unha aproximación á acuicultura ou a produción de viño.
Entre viñas leva varios anos a comunidade do Seminario Diocesano de Lugo que compaxinan outras activadades ecolóxicas co coidado das súas vides no Saviñao. Do mel encárganse no Incio os alumnos do Ceip Ricardo Gasset
que, o curso pasado, xa probaron os saborosos resultados do seu traballo. En Coristanco, as colmeas son labor da EFAG Fonteboa onde analizan a relación entre as enfermidades das colmeas e as condicións ambientais.
Para coñecer a súa realidade inmediata, os estudantes do colexio Jaime Balmes, de Noia, percorréronse a praia de Testal tomando mostras de moluscos para analizar no seu laboratorio e coñecer a situación do seu banco marisqueiro.