CAST | GAL

Décimo quinta edición (2011-2012)

O comité científico comeza a visitar os centros

 
Hoxe mesmo, coincidindo co arranque do curso en Infantil e Primaria, o comité científico de Voz Natura ponse en ruta para visitar os a todos e cada un dos 288 centros participantes no programa.
Os centros da provincia de Ourense serán os primeiros en recibir aos expertos científicos do programa e, xa que logo, os primeiros en beneficiarse das súas recomendacións para desenvolver o seu proxecto ambiental.

Con José Antonio Díaz Núñez á fronte, o comité ofrecerá o seu apoio técnico e científico aos profesores responsables dos proxectos.