CAST | GAL

Décimo quinta edición (2011-2012)

Voz Natura súmase á celebración da Semana da Ciencia

 
Coa celebración o pasado venres do Día da Ciencia en Galego, ábrese un mes no que as investigacións e experimentos estarán moi presentes nos centros escolares de toda España coa conmemoración da Semana da Ciencia.

Colexios e institutos participantes en Voz Natura inclúen nos seus proxectos actividades científicas ao longo de todo o curso e, algúns deles, realizaron programacións especiais para estes días. Así, por exemplo, no colexio Los Sauces, de Pontevedra, desenvolven desde hoxe un completo programa de actos con excursións e talleres sobre biodiversidade e química, entre outras cuestións.

Pola súa banda, os alumnos do colexio Guilleme Brown, do Pereiro de Aguiar, teñen xa listos os catro proxectos e investigacións que presentarán os próximos días 23,24 e 25 na sexta edición do certame Galiciencia en Tecnópole.

Os Museos Científicos Coruñeses súmanse tamén a esta conmemoración e ao longo de toda a semana a entrada nos seus centros será gratuíta.