O comité científico comeza as visitas na provincia de Ourense
Miles de quilómetros e moitas horas de estrada é o que ten por diante o comité científico de Voz Natura durante os próximos tres meses.Hoxe comezan a segunda fase das visitas aos centros participantes na presente edición.
Con José Antonio Díaz Núñez á fronte, o obxectivo deste percorrido é visitar cada un dos 288 centros educativos e asociacións que están desenvolvendo proxectos de recuperación e defensa da natureza ao amparo de Voz Natura.
Durante estas visitas, o comité supervisa o desenvolvemento dos traballos, certifica o seu rigor e respecto ambiental e realiza xa as primeiras valoracións de face á concesión dos premios finais ás actuacións máis destacadas.