CAST | GAL

Décimo quinta edición (2011-2012)

Pesar polo lume nas Fragas do Eume

 
«Tristeza non bosque». «Inmensa dor». «Estremece o corazón». «Se arden as Fragas do Eume, arde ou corazón de todos os galegos». Estes son algúns os sentimentos que os centros Voz Natura expresaron a través dos seus blogs a raíz do incendio das Fragas do Eume. O colexio Cervantes (Lugo), o IES Illa de Arousa, o colexio Jaime Balmes (Noia), a EEI Barrionovo (Arteixo) ou o colexio Alcalde Xosé Pichel (Coristanco) son algúns dos centros que se fixeron eco da traxedia nas súas blogs, recollendo o sentir xeral de toda a comunidade Voz Natura.

ANPA O Castiñeiro 
Dos 288 proxectos ambientais que este curso se están a executar hai un que se desenvolve en pleno corazón das Fragas. O equipo do ANPAO Castiñeiro, do CEIP Eladia Mariño (Cabanas), visitou o lugar de Xabariz en dúas xornadas do mes de marzo para plantar especies autóctonas. Pais e alumnos participaron nesta actividade e tamén en tres rutas por diversos lugares do parque que agora plasmarán nunha guía de campo. Luisa María Granxa, coordinadora deste proxecto, asegura que todo o equipo viviu moi de cerca e con gran pesar o incendio. «Os rapaces estaban moi pendentes e preocupados por se chegaría á zona onde estivemos traballando», asegura e engade: «O ano pasado fixemos unha excursión de fin de curso atravesando as Fragas, na zona que ardeu. Agora estamos pensando en facer a mesma ruta para que os rapaces vexan vos estragos do lume».

Intervencións no parque 
O parque natural Fragas do Eume, do mesmo xeito que outros espazos protexidos, foi obxecto de distintas intervencións Voz Natura a partir de 1997, ano de creación do parque e tamén de nacemento do programa ambiental da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.  Destacan os traballos realizados polo IES Fragas do Eume cuxos alumnos identificaron, sinalizaron e plantaron diversas especies no parque no ano 2003 e polo colexio Mosteiro de Caaveiro que, en 2005, limpou e reforestó a beiras do río Sesín, xusto á entrada do espazo natural.