O vídeo do colexio Marcote, de Vigo, gaña o certame «Reforéstate»
Un lipdub gravado polos alumnos de primeiro de Bacharelato do colexio Marcote, de Vigo, é finalmente o gañador do concurso de vídeos convocado por Voz Natura.
Unha vez pechado o prazo de votacións, o vídeo presentado por Sara Marcote Silva, no que participan os seus compañeiros, reuniu 711 votos dos fans da páxina de Facebook de Voz Natura, polo que se levará como premio unha cámara de vídeo, cortesía de El Corte Inglés.
Na segunda posición, con 589 votos, quedou o clip presentado pola profesora Carmen Lodeiro e realizado cos alumnos do CEIP Barrié de la Maza, de Santa Comba (A Coruña) con 589 votos.
O vídeo gañador e o resto dos clips participantes no concurso poderanse ver no Facebook de Voz Natura tamén durante o mes de xuño.