Xa temos gañadora do concurso de fotos da Festa 2012!!
A imaxe presentada por May Cerviño Araujo, do colexio Manuela Rial Mouzo, de Cee, resultou gañadora do concurso de fotos da Festa Voz Natura 2012. Parabéns!
Unha simpática instantánea de sete mozos e mozas pasándoo en grande na festa foi a preferida polos fans da páxina en Facebook de Voz Natura, con 130 votos. En segundo lugar quedou unha das propostas da Asociación de Pais e Nais Picapeixe do CEIP Nicolás do Río, de Cedeira.
A gañadora levará como premio un lote de aventura composto por unha tenda de campaña, un saco de durmir e unha mochila de sendeirismo. Parabéns!!!!