CAST | GAL

Décimo sexta edición (2012-2013)

Reforestación no monte do Salgueiral

 
Setenta alumnos dos centros educativos Juan XIII, do colexio de Cabanas-Salcedo e do Instituto Xunqueira I participaron nunha nova repoblación forestal no Monte do Salgueiral, na parroquia de Bora, un dos máis castigados por aquela dramática oleada de incendios do 2006.

A actividade, enmarcada en Voz Natura, consistiu na plantación de carballos, bidueiros e castiñeiros, á vez que os escolares coñeceron a flora e fauna autóctona da zona. Ademais dun proxecto de educación medioambiental, foi á vez unha actividade integradora e inclusiva das persoas con discapacidade da Fundación Juan XIII, que demostraron as súas habilidades neste campo traballando cóbado a cóbado cos seus compañeiros de Cabanas e A Xunqueira. A intervención levouse a cabo en colaboración coa Comunidade de Montes do Salgueiral e o colectivo Vaipolorío. E o concelleiro delegado da parroquia de Bora, Miguel Filgueira, foi tamén testemuña da plantación.

Fone: La Voz de Galicia. Edición de Pontevedra