Descubrindo Cachamuíña
Todos os alumnos do colexio Ben Cho Shey,de O Pereiro de Aguiar, xunto aos seus profesores, desprazáronse na mañá de onte ata o embalse de Cachamuíña. Máis de douscentos rapaces aproveitaron a xornada para coñecer algo máis da natureza que lles rodea.
Os escolares, que participan no programa Voz Natura, tiveron a oportunidade de descubrir da man dun técnico da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, de que xeito se realizan os controis das augas na zona e descubrir a súa vexetación. Tamén, grazas á asociación Bilúrico, e a través de prismáticos, buscaron as aves deste enclave. Os maiores percorreron a pé a distancia entre o centro educativo e Cachamuíña. Un paseo de 40 minutos que lles resultou curto. Finalmente, colgaron no propio colexio unha serie de niños para controlar as aves que abundan na zona e facer un seguimiento.
Fuente: La Voz de Galicia. Edición Ourense