CAST | GAL

Décimo sexta edición (2012-2013)

O CPI de Panxón, premio ao mellor blog Voz Natura

 
Este curso estréanse en Voz Natura e fano pisando forte. Alumnos e profesores do CPI de Panxón (Nigrán - Pontevedra) puxeron todo o seu empeño en desenvolver un proxecto ambiental moi completo e en trasladalo a toda a sociedade a través do seu blog Do pedernal á fusión. O seu caderno dixital acaba de ser seleccionado polo xurado de Voz Natura como o mellor deste curso 2012-2013 de entre os 233 abertos ao amparo do programa.

A responsable do Blog Mestre de Voz Natura, Susana Vázquez, destaca do ganador que «as súas publicacións, recursos e actividades parten dunha sólida fundamentación na didáctica das ciencias experimentais e reflicten un intenso labor entre departamentos do centro coordinados pola profesora Pastora Astray». Vázquez, asesora pedagógica e dinamizadora da comunidade bloguera de Voz Natura, sinala tamén as «excelentes actividades deseñadas para que os alumnos de Primaria comprendan e interioricen conceptos relacionados coa eficiencia energética, reciclaje e sostenibilidad a partir da experiencia e desenvolvan todas as competencias básicas, en especial, as do coñecemento do medio e as TIC».

Na concesión do premio -un Ipad para a profesora responsable do caderno- foi fundamental tamén a colaboración activa desta bitácora dentro da comunidade virtual de Voz Natura, compartindo recursos propios e participando con comentarios, entre outras actuacións.

Finalistas 
Nesta terceira edición dos premios de blogs Voz Natura, o xurado seleccionou outros dous como finalistas. Trátase de Territorio Sostible da Escola de Educación Infantil Barrionovo, de Pastoriza (Arteixo), e do caderno dixital do CPR Jaime Balmes, de Noia. No primeiro caso, destaca pola utilización «con maestría das ferramentas TIC e por compartir as súas experiencias do aula para mostrar á comunidade Voz Natura como se pode traballar a ciencia e a conciencia medioambiental desde os primeiros anos», segundo o xurado. En canto ao caderno digital do colexio noiés, o fallo pon en valor a súa «intensa e extenso labor desenvolvido nas aulas e compartida no blog, baixo unha perspectiva CTS (Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade) da educación e enfocada ao desenvolvemento das competencias ambientais».