Voz Natura premiará o mellor blog da súa comunidade virtual
A comuidad bloguera de Voz Natura está formada este curso por máis de 200 cadernos dixitais nos que profesores e alumnos difunden as súas actividades e inquietudes ambientais. Para recoñecer o labor destes equipos, o programa convoca unha nova edición do concurso de blogs.
O obxectivo do certame é pór en valor o traballo dos docentes que están á fronte dos cadernos, promover a xeración de espazos e redes de intercambio entre a comunidade Voz Natura e trasladar á sociedade o compromiso ambiental de todos os participantes.
O xurado valorará o carácter de innovación pedagóxica do blog e a presentación e diversidade de actividades incluídas. Tamén se terá en conta a calidade dos elementos multimedia e o nivel de interactividade e participación de toda a comunidade educativa. O profesor coordinador o blog que resulte gañador recibirá como premio un Ipad.