O broche de ouro aos 25 anos de Voz Natura, un aliciente para preparar o próximo curso
Non foi este 2021-22 recentemente rematado un curso normal: aínda houbo que andar coa ditosa máscara. Pero tampouco foi normal no mellor dos sentidos: Voz Natura cumpría 25 anos, un cuarto de século. Así que na Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, da que depende Voz Natura, a cal á súa vez é unha iniciativa de La Voz de Galicia, xa hai máis dun ano houbo que pór as neuronas a funcionar para tirar a casa pola fiestra, pero con orde.
E así saíron os retos mensuais, aos cales se apuntaron todos os centros, reforzando accións que xa levaban a cabo. Para a historia queda Pasar a testemuña, cun milleiro de alumnos e profesores implicados, e Acción Comunidade, na cal participaron máis de oito centenares de docentes e discentes, pero tamén familias e colaboradores externos.
Ao botar a vista atrás sería inxusto non lembrar o convenio co Muncyt, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía que abre as súas portas na Coruña, con visitas e talleres gratuítos. Sen esquecer ese programa de Voz Natura con tanta implantación na Mariña lucense e a súa área de influencia chamado Naturacción: nada menos que 47 centros apuntáronse a ese proxecto patrocinado pola Fundación Alcoa coa colaboración da Consellería de Educación.
Pero había que celebrar o pasado sen deixar de mirar ao futuro. E iso articulouse a través do espazo Voz Natura-Innovación Educativa, unha proposta nada a comezos do 2021 e destinada a levar á aula a innovación no que se refire ao mundo natural, «de tal xeito que os docentes poidan atopar experiencias xa probadas, suxestións, entrevistas e convocatorias de peso». Así se informaba aos centros desde a citada fundación máis dun ano.
Ao preguntar a Nazareth Díaz Castro, coordinadora do Programa Voz Natura, que destacaría deste curso xa finiquitado, non o dubidou: «Leváronse a cabo magníficos traballos de acción directa -e iso é fundamental para nós, a nosa esencia!-, de concienciación ambiental e potenciáronse os tres piares do programa: a implicación social, a continuidade das accións e a difusión para xerar efecto arrastre». Que non é pouco.
Xullo está á vista. Da man de Voz Natura, a natureza, se puidese falar, daría as grazas aos 365 centros participantes, aos seus 76.000 alumnos e aos seus 3.500 educadores. Seguro que tamén llas daría ás empresas e organismos que apoiaron Voz Natura: a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a mencionada Fundación Alcoa, El Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces.
Agora toca recargar pilas. Feliz verán e ata setembro!