Voz Natura recoñece ao CRA de Monterrei co premio á mellor comunicación
Este 5 de xuño déronse a coñecer os proxectos premiados na 25.ª edición do programa Voz Natura. No marco do 140 aniversario de La Voz de Galicia, o Comité Científico decidiu sumar ás 6 categorías existentes un premio á mellor comunicación.
O retorno ás actividades presenciais fixo que os profesores e alumnos se reinventaran en materia divulgativa e decidisen potenciar as redes sociais para expandir os seus proxectos. Voz Natura lanzou tamén os eco-retos, unha das actividades especiais polo 25 aniversario co obxectivo de animar aos centros a difundir os seus logros a través das redes.
A partir dun seguimento exhaustivo dos proxectos, o fallo foi a favor do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, un centro con aulas distribuídas entre Pazos (Verín), Vences e Vilaza (Monterrei). «Este é o primeiro ano no que o centro forma parte do programa, pero non será o último», recoñece Ángela Quintana, a coordinadora do proxecto.
O premio, patrocinado por El Corte Inglés, representa un incentivo para os 35 estudantes e 8 profesores que se encargaron de dar vida á estratexia comunicativa do colexio durante todo o curso. O CRA de Monterrei potenciou a linguaxe multiplataforma nas diferentes canles (Blogue, YouTube, Redes Sociais), sumouse a cada un dos eco-retos e explotou infinidade de recursos para o maquetado e a edición dos contidos. «Ao estar as nosas aulas distribuídas entre tres aldeas, as redes convertéronse nos corredores do cole», recalca a coordinadora.
A implicación coas familias e a comunidade tamén foi clave para concienciar máis aló das aulas. «Un papá cedeunos unha parcela para que os nenos tivesen o seu propio horto ecolóxico, e iso foi grazas á divulgación». Sin duda, a súa incursión neste programa, desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, El Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces, logrou pór en práctica unha estratexia efectiva de divulgación e concienciación, trasladando a necesidade de preservar o medioambiente a toda a comunidade.