Naturación dinamizou os centros da Mariña lucense
Corría o ano 2014 cando nacía Naturacción, un programa de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Ciprián e a colaboración da Consellería de Educación. Obxectivo declarado: reforzar as actividades ambientais de protección e recuperación. ¿Onde? Na Mariña lucense e a súa contorna.
Polo tanto, neste curso desenvólvese a novena edición e participan nela 47 centros educativos. Ou sexa, oito milleiros de alumnos e catro centenares de profesores e educadores.
Entre estes últimos, Fran Basanta, do IES María Sarmiento de Viveiro, un centro con nada menos que 750 matriculados, dos cales a metade en números redondos desenvolveron algunha das actividades. «Unhas obras que houbo que facer no patio cambiáronnos a programación», comeza dicindo. E da necesidade, virtude: acolléronse aos ecorretos que cada mes expuxo Voz Natura, unha iniciativa ambiental de La Voz de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, El Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces.
E tamén presumir
Non está de máis lembrar eses ecorretos: RetoLimpiamos (outubro), RetoInvestigamos (novembro), RetoReutilizamos (decembro), RetoDivulgamos (xaneiro), RetoAhorramos (febreiro), RetoPlantamos (marzo), RetoConcienciamos (abril), RetoReciclamos (maio), RetoPresumimos (xuño). Seguro que o que máis chama a atención é este último, pero si, a consigna emanada da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre foi exactamente esa: «Despois do traballo durante o curso, presumimos dos resultados».
E nese sentido, Instituto de Educación Secundaria María Sarmiento de Viveiro é todo un exemplo. «Dedicámonos a limpar a praia, a facer o mesmo con tramos de cinco ríos, estudamos a flora do parque penas Peón…», relaciona o profesor Basanta, quen engade que tamén percorreron un anaco de costa convertendo esas horas nunha clase de educación ambiental, estudando as plantas e falando do uso que se lle daba antes.