CAST | GAL

Diversidade, abellas e reciclaxe para a recta final do curso

 
Unha semana lectiva que non é realmente, porque está o Día das Letras Galegas, pero si está cargada de datas para os tres centenares e medio de centros que participan este curso en Voz Natura, unha iniciativa de La Voz de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, e que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, El Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces.

En efecto, mañá é o Día Mundial da Reciclaxe. O venres é o Día Mundial das Abellas (sorprendente, pero é así, tal como soa, porque as abellas e outros polinizadores, como as bolboretas, os murciélagos e os colibríes, ven cada vez máis ameazados por actividades humanas). E o domingo é o Día Internacional da Diversidade Biolóxica. ¡Pleno! «Unha semana completita», din na Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Unha semana completa para Rafa Rodríguez, da EFA Fonteboa de Coristanco, que non para. Literalmente. Tanto está en Allariz cos seus alumnos facendo queixo de ovella (o martes pasado) como busca un oco para repor as trampas para as velutinas («Asesóranos Lolo Andrade, de Cambre, que é a persoa que máis sabe diso en Galicia enteira e falounos dun novo modelo de trampa, máis complexo»).

Douscentos alumnos participan na organización duns puntos informativos desde onde explican aos seus compañeiros toda a temática relacionada coas abellas: como son, que é o pole e por que é importante, como se extrae o mel (que logo é catada por estudantes e profesores), diferenciar esta por a cor… Mesmo se poñen un traxe de abelleiro.

«Agora temos que transplantar plantas, alveolos, a macetas, que logo os alumnos levan ás súas casas», explica Rafa Rodríguez, quen engade: «Son plantas aromáticas, moi importantes cando falamos de abellas».

Sobre reciclar ten moito que dicir non só este profesor senón tamén os seus alumnos, que deron vida á exposición Arte e chatarra, e quen visita ese centro coruñés atópase á entrada con esculturas que gustarán ou non, pero en orixinalidade son o número uno, incluídas unhas lámpadas («Fixémolas nun taller de electricidade»).

Rafa Rodríguez, de falar tan ilusionado como pausado, quere seguir explicando: «Imos retomar a limpeza do Anllóns que fomos un día e sacamos vinte quilos, máis que nada de plástico pero tamén ¡un motor! E recuperamos oficios tradicionais, facendo pan, xabón, candeas con ceras de abellas…». Todo un exemplo de actividade ao redor dos proxectos de Voz Natura, que emprenden a recta final do curso.