Reciclar, o eco-reto deste mes para os centros de Voz Natura
Tras un día tan simbólico como o deste domingo, celebrado dunha forma ou outra en todo o mundo, maio arrinca con forza, e con el o novo eco-reto ¿E cal é? #RetoReciclamos. Ou sexa, axudar a reducir os residuos que xeramos.
E niso envorcaranse os profesores e alumnos dos tres centenares e medio de centros que participan este curso no programa Voz Natura, unha iniciativa de La Voz de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre,e que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, El Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces.
Os eco-retos, por certo, constitúen unha actividade especial con motivo do 25 aniversario de Voz Natura, e con eles preténdese fomentar a comunicación e animar aos participantes a dar difusión ás accións ambientais que levan a cabo. De reciclar saben moito os alumnos do CEIP de Palas de Rei, que a principio de curso recibiron un díptico onde se explicaba como funciona un «composteiro», coa profesora Mónica Pérez animando a todos. Agora son os 14 de sexto, unha parella cada semana, os que vixían o bo funcionamento do «composteiro» do colexio, alimentado polo alumnado. Mónica Pérez cóntao con gran humildade coma se o seu traballo, constante día a día, fose o máis natural do mundo: «É ou único que estamos facendo agora».
Engádase que ese CEIP é dos máis activos dunha ampla comarca, incluído en Naturacción, que é un programa de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Cibrán e a colaboración da Consellería de Educación. Máis xente ao pé do canón: Fani Puga, que no CEIP de Atín-Cela de Mos, desenvolve neste curso o proxecto Refugallo Cero, e aí acometen diversas frontes agora mesmo relacionados co aproveitamento téxtil, coa particularidade de que participan alumnos e familias.
«En Lectura e Costura realízanse marcapáxinas con retallos de tea —informa—, y en Roupa por Bolsa transfórmase unha prenda que non se usa nunha bolsa» Algúns explotan admirablemente a imaxinación, como no CEIP Padre Crespo, de Xunqueira de Ambía, co profesor Javier Pérez á cabeza. Reduciron o espazo que tiñan no patio destinado ao fútbol. ¿E que fixeron coas tres porterías? Recicláronas para construír un invernadoiro. O profesor conta, riseiro, a aventura:«E os cristais recollímolos dunha empresa de construcción, e a porta tamén é reciclada dunha escombreira doutra empresa». Todo un exemplo.