O espazo Innovación educativa proponse crear redes con todos os profesores
En marcha. Así están xa os equipos dos 365 centros que participan este ano en Voz Natura (un programa de La Voz de Galicia e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre), con traballos que agora mesmo comezan a executarse grazas ao apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, El Corte Inglés e a Fundación Ramón Areces.
E todo apunta a que esta 25 edición de Voz Natura vai ser a máis activa de todas. Non só polo ánimo con que profesores e alumnos chegaron ás aulas tras o moi difícil curso pasado, senón porque o espazo web sobre innovación en educación ambiental (www.voznatura.com/innovación-educativa) empeza a botar fume a estas alturas, cando aínda non acabou setembro.
Ese espazo é nin máis nin menos que unha proposta para levar á aula a innovación no que se refire ao mundo natural, de tal maneira que os docentes poidan atopar experiencias xa probadas, suxerencias, entrevistas e convocatorias de peso. Na Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre defíneno como «un espazo en continua ebulición que sirva como ferramenta de apoio para iso, para innovar en educación e no medio ambiente».
Pero hai que botar a vista atrás. Esa nova sección inaugurouse en febreiro do 2021, en plena pandemia e cunha gran vontade de animar e coordinar a un profesorado que estaba a pasar uns momentos moi duros, e aos catro meses de vida recibiu o seu primeiro galardón, unha mención especial na categoría Materiais Didácticos de Ciencias, dentro do certame internacional Ciencia en Acción. Os seus coordinadores, José Viñas, profesor, e Patricia Barciela, directora da Domus coruñesa, non puideron comezar con mellor pé.
Pero da fama non se vive e menos no interior de colexios e institutos. José Viñas fala de que este curso incorporáronse moitos profesores ao ensino público, «e iso é unha oportunidade para que se enganchen á innovación educativa», para o que quere «aproveitar a creación de redes, algo que Voz Natura fai moi ben».
Pola súa banda, Patricia Barciela insiste en que hai que ir «enganchando cada vez a máis profesores, non podemos esquecer a todos eses que xa están, que levan 25 anos traballando co programa».
«Desde logo, imos continuar cos plans de innovación educativa, con todos, abrindo o abanico o máis que podamos», remata Viñas, sen esquecer a importancia da ciencia cidadá. Nesta última incide Patricia Barciela, porque «é algo que está a emerxer a nivel global». O futuro pasa por aí, e aí está Voz Natura, xa desde o comezo deste curso 2021-22 apostando por iso.