CAST | GAL

Vixésimo sexta edición (2022-2023)

Goza da Ciencia no MUNCYT! 

 
Cúmprense once anos desde a firma do primeiro acordo entre a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Un acordo que activa, un ano máis, o programa de visitas guiadas e talleres educativos do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) da Coruña para todos os centros educativos que participan no programa ambiental. 

Actividades: 
Biomímesis no noso día a día. (Primaria e 1º-2º de Secundaria)
Segundo a idade dos participantes, ademais de percorrer a colección do museo desde o prisma da biomímesis (ciencia que estuda á natureza, como fonte de inspiración de tecnoloxías innovadoras, para resolver aqueles problemas humanos que a natureza ha resolvido), realizaranse actividades nas que traballarán as enerxías renovables ou a arquitectura bioclimática. 

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no museo (3º-4º Secundaria, Bacharelato e FP) 
Nesta actividade, os participantes terán que resolver unha serie de pistas sobre pezas da colección que lles darán a coñecer cada un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). O MUNCYT promove, a través da súa colección, a difusión do patrimonio histórico científico e técnico. Nesta actividade unha selección de pezas ilustrará cada un de obxectivos, destacando como a ciencia, a tecnoloxía e a innovación son instrumentos imprescindibles para a inclusión, a diversidade, a igualdade ou a sustentabilidade en diversos ámbitos. 

*Observación: Ambas as actividades tamén se adaptarán a visitas de centros de educación infantil e especial. 

Fai a túa reserva e goza da ciencia!
Todos aqueles centros interesados en sumarse ao programa de visitas gratuítas do Muncyt poden solicitalo, desde agora, contactando co museo en reservascor@muncyt.es ou o teléfono 689 578 727 e especificando que participan na actual edición de Voz Natura. 

As visitas pódense reservar, ata o próximo mes de xuño, de martes a venres en varios horarios (10:15, 12:15 ou 15.30 horas). Están deseñadas para grupos de ata cincuenta persoas e terán unha duración aproximada de hora e media. O Muncyt dispón dunha zona para comidas de grupos que tamén se pode reservar. 

Durante as visitas, os grupos irán acompañados polos seus educadores e o equipo de divulgadores será o encargado de guialos por un percorrido no que irán descubrindo cada exposición a través dunha serie de actividades adaptados á temática elixida e ás distintas etapas educativas.